As eleccións a ollos de... Suso do Dezaseis

“Sinceramente, sigo cada vez menos as campañas electorais"

Moitas non saben nin como se apelida porque para todas é Suso do Dezaseis, o rostro, xerente e socio do estabelecemento do número 16 da rúa San Pedro, en Compostela. Todo un clásico embora ter apenas dúas décadas de vida.

suso dezaseis

Que temas ou cuestións cre que deberían de tratarse en campaña electoral e que, porén, bota en falta?

Por dicir un tema que vexo que non se está a tratar moito en campaña é o da inmigración. Moito falar de moitas cousas pero o da traxedia de todos os que morren no Mediterráneo, tentando chegar aquí, nada. A nivel estatal non se fala e é un tema do que non escoito nada. Non pode ser que a xente continúe a morrer no Mediterráneo, parece como que non importase, como se a vida desas persoas por ser inmigrantes valese menos.

Segues con interese a campaña?

Cada vez con menos interese, sinceramente. Xa está un un pouco saturado. Cambio de canle. Deberían de deixar de aburrirnos (ri).

Comentarios