Siareir@s Galeg@s publica o caderno do partido da selección

A organización do encontro amigábel entre as seleccións da Galiza e o Kurdistán publicou un caderno co programa de actividades, artigos e toda a información para quentar motores antes do 29 de decembro
Galiza Ecuador

Siareir@s Galeg@s continúa a apresentar e promocionar o encontro que organizan entre a seleccións nacionais de Galiza e Kurdistán. Despois de renovar a súa páxina web, agora veñen de publicar un caderno con artigos e reportaxes de grande interese ademais de información da propia xornada do día 29 de decembro en Pontevedra.

Participan na publicación Pilar Neira, adestradora da selección nacional, que escribe sobre o deporte feminino e os problemas que ten para que coñeza; Sechu Sende, escritor, realiza unha reportaxe sobre o Kurdistán, a maior nación sen estado do planeta ; e o xornalista Xermán Viluba achega a súa visión sobre o mundo da billarda e os esforzos da LNB e Siareir@s pola súa recuperación. Na contra do caderno o xornalista e xogador de Fútbol gaélico, Wenceslao García, relata a introdución desta disciplina no nos país que mesmo tivo xa a súa estrea internacional co encontro entre Galiza e Bretaña.

O caderno pódese consultar aquí.

Comentarios