Ses e Quinta do Bill gañan o certame Ari[t]mar de música galega e portuguesa


Son os artistas gañadores deste certame que vai pola súa segunda edición, que tamén ten unha sección de poesía. 

SES
photo_camera SES

Os votos recibidos no certame Ari[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela determinaron que os gañadores polo mellor tema musical publicado en Galiza e en Portugal en 2016 son Sés ("A paz esquiva" de 'Oporse á extinción)' e Quinta do Bill ("Faz bem falar de amor", de 'Todas as estações'). Estes premios, xunto cos de poesía, entregaranse nunha gala que se celebrará en outubro, onde actuarán os grupos gañadores.

quintadobillOs seguintes máis votados, nos segundos postos, foron Poetarras (Chove en Galiza) e Deolinda (Corzinha de verão) e os terceiros Xoán Curiel (Ecuacións) e Raquel Tavares (Meu amor de longe).

Segundo explicou o director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, o certame xerou boas expectativas e contou cunha alta participación ao emitirse 5.043 votos no reconto total. Alén das comunidades educativas da EOI, participaron tamén doutros moitos centros de ensino galego. 

A seguinte fase do certame consiste na escolla de poetas e poesías gañadoras, que poderán ser votadas desde comezos de abril até o 20 de maio.

Comentarios