#Sermos300: trescentos números en seis anos, no camiño dun diario

Máis un número do semanario na rúa e este fai unha cifra redonda: 300. Entrevistamos Zaza Ceballos, directora de ‘Contou Rosalía’, e Francisco García, que vén de anunciar que deixa a alcaldía de Allariz após 18 anos no cargo. Falamos das condicións laborais nos locais de comida rápida en Galiza, do esgotamento das rías galegas ou das tarefas galegas para o goberno de Pedro Sánchez. Todo isto, e máis, xa na nosa loxa.

portada sermos SG
photo_camera Parte da ilustración de Leandro Lamas para a capa do número 300 de SG.
Comentarios