Sergio Álvarez, Fernándo Vázquez, Verónica Boquete e Xurxo Souto, unidos en torno á selección galega

O colectivo de seareiros celtistas ‘Nós’ reúneos nunha videoconferencia sobre ‘A Irmandiña’ o vindeiro 19 de novembro.

A selección galega an súa anterior etapa
photo_camera A selección galega no seu retorno en 2005.

Hai 15 anos que a selección galega de fútbol volvía aos terreos de xogo. Fora en 2005 e contra Uruguai. E hai 98 anos do primeiro partido dun combinado nacional galego. Dúas datas que poñen en bandexa ao colectivo de seareiros do Celta ‘Nós’ o motivo para debater en torno á ‘Irmandiña’ e o fútbol galego.

Será a vindeira quinta feira, 19 de novembro, nunha videoconferencia que reúne destacadas figuras do fútbol galego. A charla será retransmitida ao vivo ás 21:00 horas polas canles de Facebook e Youtube do Colectivo Nós, moderada pola xornalista María Sabarís.

Contará coas intervencións do músico e escritor Xurxo Souto como promotor do movemento bravú que rescatou o debate da Selección Galega nos anos 90, do adestrador Fernando Vázquez como seleccionador no 2005 canda Arsenio Iglesias, do porteiro celeste Sergio Álvarez como cancerbeiro no combinado do 2016 e da xogadora recoñecida internacionalmente, Verónica Boquete.

Cartel_A_Irmandina 2

O Colectivo Nós, como agrupación de seareiros celtistas "que loita por defender a identidade galeguista dun Celta" que comparte orixe coa selección (“dous dos fundadores do clube, Manuel de Castro e Pepe Bar foron os primeiros seleccionadores galegos”), organiza esta videoconferencia “como revulsivo para tentar recuperar o foco de atención sobre a Selección Galega e o seu futuro ante a pasividade da federación e as institucións do país nun momento de incerteza cando se van facer 4 anos dos seus últimos partidos oficiais desputados”.

Comentarios