Imprimir

O Sergas realizará un cribado masivo en Vigo: 20.000 probas

Redacción / Europa Press | 20 de novembro de 2020

Covid-auto do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (Imaxe: Europa Press).
Covid-auto do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (Imaxe: Europa Press).

Para detectar positivos por Covid asintomáticos

O Sergas realizará un cribado masivo en Vigo mediante o que aspira a alcanzar as 20.000 probas PCR efectuadas para detectar casos positivos por Covid-19 asintomáticos e "vixiar e frear a circulación do virus".

Fontes da xerencia da Área Sanitaria de Vigo indicaron que o obxectivo desta iniciativa consiste en detectar o maior número de persoas infectadas que non presenten síntomas.

Así, lembrouse o risco que implica para a saúde pública os casos asintomáticos ao continuar o desenvolvemento da súa vida de xeito habitual e poder ser potenciais contaxiadores.

Requisitos

Deste modo, convidarase a participar no cribado á poboación de centros de saúde de Vigo que cumpran determinados requisitos, ter entre 20 e 60 anos, non terse sometido a unha PCR na últimas dúas semanas e contar cun teléfono móbil rexistrado no sistema de avisos 'Lembra', que permite que as autoridades sanitarias envíen notificacións por SMS.

O Sergas contactará coas persoas seleccionadas, ás que convidará a someterse á proba, cuxa realización será voluntaria.

O punto de extracción fixarase de acordo con criterios de proximidade e accesibilidade e segundo o número de persoas que acepten someterse á proba, que se poderá realizar nos Covid-Auto dos hospitais Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro, ademais de en instalacións como pavillóns deportivos ou centros socioculturais.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/sergas-realizara-cribado-masivo-vigo-20000-probas/20201120115854109476.html


© 2020 Nós Diario