O sentimento pro-británico caeu en Irlanda do Norte un 10% nesta década

As persoas que se definen como unionistas (partidarias de manter os 6 condados en Gran Bretaña) pasaron do 38% en 2003 a 29% en 2013 segundo un estudo da entidade de ciencias sociais de Irlanda do Norte. Por contra, aumentan as que se cualifican como ‘nacionalistas’ (a prol de se unir á República de Irlanda).

Falls-Road-Beflast-Irlanda
photo_camera Falls-Road, Beltast

Hai pouco máis de dez anos, en 2003, o 38% d@s habitantes de Irlanda do Norte definíase como ‘unionista’, partidario de que estes seis condados da illa estivesen baixo soberanía do Reino Unido. Unha década despois, ese sentimento caeu até o 29% da poboación, case un 10 por cento menos. Son os dados dos estudos que realiza anualmente a Economic & Social Research Council sobre múltiples aspectos, entre eles os ‘posicionamentos políticos’.

Un 38% da poboación dos 6 condados antepón a súa identidade como 'irlandesa' ao de seren británicos

E mentres a definición de unionista caía a mínimos históricos, nese mesmo período aumentaba, se ben moi lixeiramente, a porcentaxe de persoas que se cualifican a si propias como nacionalistas, é dicir, partidarias de que os seis condados se unan á República de Irlanda. Eran o 24% da poboación en 2003 e son o 25 por cento en 2013. Mais o grupo que maior aumento tivo nesta década foron os que rexeitaban se identificar como unionistas ou nacionalistas, o 43 por cento d@s nor-irlandes@s en 2013 fronte o 35% de 2003.

Na sondaxe do 2013, tamén se preguntou polo sentimento nacional. Un 24% definíronse como ‘irlandeses, non británicos’ e un 14% como ‘máis irlandeses que británicos’. No outro extremo, un 25% das persoas enquisadas dixeron sentirse ‘británicos non irlandeses’ e un 16% ‘máis británicos que irlandeses’. Un 15% din se sentir tanto irlandeses como británicos. 

Comentarios