O selo de calidade Pan Galego busca novas adhesións

A Consellaría do Medio Rural fai un chamamento ás e aos produtores de trigo e as panaderías tradicionais para que se acollan á Indicación Xeográfica Protexida (IXP).
Pan galego (Xunta).
photo_camera Pan galego (Xunta).

O conselleiro de Medio Rural, Xosé González, fixo un chamamento ás persoas produtoras de trigo, panadeiras tradicionais e muiñeiras a acollerse á Indicación Xeográfica  Protexida (IXP) de Pan Galego.

Fíxoo onte durante a presentación en Boqueixón do selo Pan Galego, impulsado pola Federación Galega de Asociacións de Fabricantes de Pan (Fegapan).

Alí, o conselleiro sinalou que a Xunta traballa para que "o recoñecemento" deste produto "sexa unha realidade dentro e fóra da Galiza".

O obxectivo é "fomentar o cultivo de trigo", que repercutirá nas rendas dos agricultores e na recuperación de aldeas, así como convidar ao consumo de pan autóctono.

Tamén permitirá pór en valor numerosos estabelecementos familiares por todo o país. 

Comentarios