Fútbol gaélico

As seleccións galegas pasan á fase final do Mundial de Irlanda

A equipa masculina asegurouse a segunda praza do seu grupo e a feminina compite contra Toronto polo primeiro posto.

gaélico
photo_camera Imaxe: @selegalega

Galiza xa está na fase final do Mundial de Fútbol Gaélico que se disputa en Irlanda até o 2 de agosto. Tanto a seleccón feminina como a masculina certificaron a súa clasificación para esa fase. Os irmandiños, ao ser segundos do seu grupo. As irmandiñas disputan nesta arde contra Toronto ser ou non as primeiras no seu.

A primeira cita dos Irmandiños é esta quinta feira, en oitavos de final, contra Francia, unha das favoritas e vella coñecida da selección galega. 

En 2015 a Gaelic Athletic Association (GAA) creou os xogos mundiais, que nesta terceira edición reúnen 85 equipos e máis de 1.200 xogadores e xogadoras de todas as partes do mundo. O evento acollerá unha fase “Irish” na que só xogan irlandeses que viven fóra de Irlanda e outra “Native” na que compite Galiza e outras seleccións formadas por deportistas non irlandeses

Comentarios