A selección galega volverá ao terreo de xogo o 28 de decembro

Será en Lugo e competirá nun amistoso coa selección occitana nun encontro organizado por Seareir@s galeg@s. Un aberto de billarda e os concertos de Nao, A Quenlla, Liska e Sem resposta completan o programa. 

GZ

Máis un ano a 'Irmandiña' volverá saír ao céspede nun encontro amistoso organizado pola Plataforma Seareir@s galeg@s. O partido terá lugar o vindeiro 28 de decembro en Lugo e enfrontará a selección galega coa selección occitana nunha xornada de deporte e reivindicación das seleccións nacionais. 

O partido, que conta coa colaboración da Deputación de Lugo, decorrerá no estadio dunha das equipas locais luguesas, O Polvorín, e dará comezo por volta das 20.00 horas. Previamente, Seareir@s galeg@s convida a participar do xantar e dun aberto de billarda que organizan na Praza Maior de Lugo.

Aliás, e como cada ano, a xornada lúdico-reivindicativa rematará cun concerto a carón do pavillón municipal (explanada Rosalía de Castro) no que tomarán a palabra Nao, A Quenlla, Sem Resposta e Liska. 

Comentarios