As irmandiñas de fútbol gaélico continúan a sumar títulos para Galiza

A selección galega feminina conquista o Trofeo Internacional Madrid GAA, proba moi competitiva e na que a equipa masculina proclamouse subcampioa.

futbol gaélico seleccion nacional galiza

Galiza continúa a sumar experiencia e títulos no seu percorrido pola participación en campionatos internacionais en fútbol gaélico, un deporte que en menos dunha década de práctica no noso país xa se asentou tanto a nivel competitivo - liga propia, selección nacional - como afección.

Esta fin de semana a selección nacional galega feminina e masculina de fútbol gaélico tomaron parte no Trofeo Internacional de Madrid, un torneo no que competiron 10 equipas en ambas as súas categorías. Galiza proclamouse campioa en categoría feminina apos derrotar na final ao Madrid Harps mentres ficou vicecampión na masculina.

Como recoñecen desde a propia selección galega, esta competición é un “torneo de carácter amistoso pero cun gran nivel competitivo”. Esta elevada e contrastada calidade dos equipos que participan na copa dos “Harps” é o que motivou a participación de Galiza, “porque o obxectivo principal das nosas seleccións en Madrid non é outro que o de coller minutos, experiencia e bagaxe competitiva no camiño preparatorio dos GAA World Games,”.

Comentarios