POR 30-24

A selección galega de balonmán gaña diante de Marrocos

No partido disputado na tarde do sábado, 26 de decembro, no Rosal, a selección galega de balonmán impúxose á selección marroquí por 30-24. Galiza amosou a súa superioridade no segundo tempo.

balonman
photo_camera [Imaxe: FGB]

Nos primeiros minutos de partido, a posesión do balón foi igualada entre Galiza e Marrocos, con continuos empates no marcador. De feito, os xogadores marcharon para o descanso cun 14-14.

De volta dos vestiarios, os galegos amosaron a súa superioridade e actuaron con contudencia diante da área rival. A partir de entón, Galiza foi imparábel até que o árbitro pitou o final do partido, segundo informa a Federación Galega de Balonmán.

Na tarde do domingo terá lugar en Cangas o outro encontro entre ambos os combinados.

Galiza:  Jorge García Lloria, Javi Díaz, Germán Hermida (1), Roberto Sánchez (2), Paulo Dacosta (4), Víctor Frade (1), Gonzalo Garro (2), José M. Rial (1), Víctor Rodríguez, Carlos A. García (4), David Chapela (1), Eduardo Moledo (3), Alexandre Chan (4), Rubén Río (6), Rubén Sánchez (1).

Marrocos:  Choho Abdenahim, Alae Laaroussi, Berkani Abdelmalek. Rachid Hammet (3), Kochadi Medhi (1), Mhais Medhi (3), Amine Bantoleb (1), Bilel Bay Bay (3), Amine Harchaqui (3), Lehcen Beliman (4), Hicham Hakimi (1), Ziair Lehcini, Alaqui Ishail (3), Achnaf Adlu (1), Salah Benfanes (1).

Parciais: 1-1, 4-3, 6-7, 10-10, 12-12, 14-14 (descanso), 17-15, 19-18, 21-19, 24-21, 26-23 e 30-24.

Comentarios