O sector do mar retrúcalle a Feijóo: "As súas declaracións non dan resposta ás nosas reivindicacións”

A PDRA considera que o anuncio do presidente de paralizar o trámite da Lei de Acuicultura procura crear “falsas expectativas” de reforma da lei, e “dividir e debilitar” a unidade do sector.

pesca mariñeiros

O sector do mar non acredita en Feijóo. O anuncio do presidente da Xunta de que ía paralizar a tramitación do ante-proxecto da Lei de Acuicultura non convence a mariñeiros, mariscadoras e bateeiros. Así o manifestan a través dun comunicado da PDRA, a plataforma que aglutina as súas reivindicacións. “As declaracións do presidente da Xunta Sr. Feijoo non dan resposta ás nosas reivindicacións”.

É máis, afirman que a finalidade deste movemento de Feijóo é “crear unhas falsas expectativas de reforma da lei, e con elo dividir e debilitar o movemento de unidade social creado”. A pausa na tramitación do ante-proxecto “non responde ás necesidades formuladas polo colectivo do mar”, afirman. E anuncian que van intensificar as mobilizacións e “intensificar todas as iniciativas que temos promovido: presentación de mocións municipais, reparto do manifesto individual, recollida de sinaturas e participación masiva en todos os plenos dos concellos pendentes”. E anuncian que van encetar unha rolda de xuntanzas e contactos con entidades e colec

Comentarios