O sector do libro é o que máis sofre nos recortes da economía familiar

O gasto medio por fogar en cultura baixou en Galiza de 778,9 a 646 euros dos anos 2011 a 2012. O sector do libro é o que máis padece no aforro familiar, segundo os datos do informe feito público polo Observatorio do Consello da Cultura Galega, sobre a enquisa do Instituto Nacional de Estatística. 

photo_camera libros

A baixada no consumo cultural foi só no paso do 2011 ao 2012 do 15% e, nese recorte, é o sector do libro o que máis sofre cunha redución nese período de 15,3 millóns de euros.  

O informe “Evolución do gasto cultural dos fogares galegos” do Observatorio da Cultura Galega fala dunha diminución “significativa” que supón nos fogares galegos unha diminución de 60 euros  ao ano en cada fogar.  

En termos relativos cos datos de España, o galego é superior en libros e publicacións periódicas en seis euros mentres que a poboación galega inviste por fogar 7,5% menos en espectáculos. Iso non quita a que a redución na compra de libros e publicacións periódicas a baixada sexa notábel, dun 26,9% con respecto ao ano anterior. O informe íntegro pódese consultar neste enlace.

Comentarios