CON Só 19 ANOS

Santi Mina fai historia no Celta co seu póker de goles ante o Rayo

O xogador das categorías inferiores do club vigués convértese no cuarto futbolista en acadar esta cifra goleadora. A última vez foi na temporada 78/79.

Goleada do Celta ante o Rayo (Foto: Celta de Vigo)
photo_camera (Foto: Celta de Vigo)


O Celta pasou por riba do Rayo Vallecano en Balaídos (6-1). E tivo como estrela a Santi Mina, que fixo un póker de goles. O xogador de 19 anos, saído das categorías inferiores, mostrou a súa capacidade de cara a porta e entrou na historia do Celta. É o cuarto xogador en conseguir esta cifra de tantos en partido oficial.

Mina fixo un partido perfecto e só marrou un remate nos 71 minutos que estivo no campo. A afección de Balaídos ovacionou con estrondo á súa promesa, que ao remate gardou o balón do partido como recordo da súa xesta.

O último futbolista celeste en conseguir catro ou máis goles nun encontro foi Mori, na temporada 1978/1979. 

Víctor Sánchez debuta co Dépor

O Dépor afronta este domingo un partido decisivo contra a Real Sociedad de cara a permanencia. O novo adestrador Víctor Sánchez viaxou con 20 xogadores a Donostia, dos que dous quedarán fóra da convocatoria.

Os lesionados Wilk, Salomao e Helder Postiga serán baixa case con seguridade esta xornada, ao non terse recuperado das súas doenzas. Tampouco estarán Luisinho, sancionado, xunto a Borja López e Helder Costa, os primeiros descartes de Sánchez.

 

Comentarios