Opinión

Sanción á Lei Galega do Deporte

 Hai uns meses, foi o 20 de abril deste ano, aprobouse a pouco coñecida nova lei galega do deporte. Resalto o matiz de nova, xa que foi presentada como a modificación dunha lei antiga, ofrecendo esta como a solución aos problemas do deporte galego e da financiación do mesmo.

 Hai uns meses, foi o 20 de abril deste ano, aprobouse a pouco coñecida nova lei galega do deporte. Resalto o matiz de nova, xa que foi presentada como a modificación dunha lei antiga, ofrecendo esta como a solución aos problemas do deporte galego e da financiación do mesmo.

Pouco divulgada, con escasa información e sen contar con profesionais, elaborouse unha nova lei que afecta a todos/as galegos/as, xa que como reza a Carta Europea do Deporte é un dereito dos cidadáns (debo aclarar que non está así recollido na Constitución Española). Así pois, na realidade atinxe ás instalacións e infraestruturas, aos profesionais sen determinar do deporte (asunto que dará moito que falar, xa que seguen sen estar determidados) e á dopaxe, en especial á dopaxe e ás sancións deportivas.

Non son defensora da antiga lei, nin moito menos da lei estatal, mais moito menos da actual. Sí, refirese á solución económica do deporte galego, pero porque iso é ao que se refire, soamente. A evidente falta de formación que existe no Parlamento Galego sobre esta área fundamental na vida, pois o deporte non é so o fútbol que vemos na TV nin o tenis que retransmite a TDP, creou unha lei baseada en termos económicos, en datos de obesidades infantís aos que non se poñen obxetivos. Consultada a expertos, e estes ignorados.

O deporte forma parte da cultura, da sociedade, da vida de moitas persoas, das persoas que non cobran cantidades astronómicas, pero que adican horas semanais. O Deporte é tamén un sinal de identidade, unha bandeira que levamos os deportistas a donde queira que vaiamos, e que continuamente, o deporte galego esquece esa bandeira.

Xoana Roig Regueira

Comentarios