Ruído do bo desde un garaxe do Barbanza

Os Bar Ban Sónicos sacan o seu primeiro EP, gravado en Portugal e que inclúe temas propios e versións de clásicos do xénero: The Sonics  e  Renato e Seus Blue Caps.

Os Bar Ban Sónicos, trío de garaxe- punk da Pobra do Caramiñal.
photo_camera Os Bar Ban Sónicos, trío de garaxe-punk da Pobra do Caramiñal (Foto: cedida)

Alimentando o nervio é o título do primeiro traballo de Os Bar Ban Sónicos, trío da Pobra do Caramiñal que factura punk rock garaxeiro. Un EP de catro temas no que cohabitan temas propios con versións e que os do Barbanza queren que sexa un primeiro adianto do LP que agardan publicar o ano que vén.

O EP gravouse en Hertzcontrol Studio en Seixas, Caminha, Portugal e está producido por por eles mesmos.  

Dúas son cancións propias, Que mellor amigo que ese e Queres saber, e outras dúas son versións de clásicos do garaxe sesenteiro.

Unha delas, The Witch, dos Sonics, o primeiro single dos de Tacoma e que os do Barbanza fan súa (e en galego). A outra versión, Negro Gato, unha das cancións icónicas da “jovem guarda” brasileira da man de Renato e Seus Blue Caps e popularizada por Roberto Carlos nos seus inicios rockeiros.

Os Bar Ban Sónicos naceron a principios de 2018 na Pobra do Caramiñal. Manel (Vocal e guitarra) Amroth (baixo e coros) e Abel (batería) principiaron tocando ao vivo temas clásicos de garaxe dos 60 e punk para aos poucos ir xa facendo temas propios, sempre en galego.

En agosto de 2019 gravas nos estudos  ALU de Rianxo 4 cancións (Ven con  nós, Trece anos,  Xa  non pode parar e Sentirme  ben),  que conforman a súa primeira maqueta.

Comentarios