O Crat deu a cara até o final no campo dun Inef Barcelona que reforza o seu liderado

22-12. Con este resultado no taboleiro de marcas, o Crat dixo esta mañá adeus a todas as súas opcións de conquistar a liga estatal de rugby ao caír face o actual campión, o Inef de Barcelona.

O Crat nunca lle deu as costas ao encontro e mantivo a intensidade competitiva até o final. O xogo decidiuse por detalles, detalles que revelan que o Inef Barcelona, actual campión, está aínda un chanzo por enriba.

Co 22-12, o Crat debe reprogramar o seu obxectivo. Revalidar o subcampionato conquistado o curso 2011-12 é perfeitamente posíbel.

En calquera caso, Galiza existe na élite do rugby feminino estatal e iso ten un responsábel, o Clube Rugby Arquitectura Técnica, o Crat da Coruña.

Nota: No seu número 38, disponíbel nos vosos quiosques, o Sermos Galiza en papel dedícalle unha reportaxe a este clube que está a levar o rugby feminino galego ás posicións de vangarda na liga estatal.

Comentarios