Rufián: "A única forma de manter a monarquía é cunha sarta de mentiras"

O voceiro de ERC no Congreso, Gabriel Rufián advirte de que nun referendo a maioría da poboación do Estado español apoiaría a República. O líder de Más País, Íñigo Errejón, pensa que ten que haber “republicanos de dereitas”. Fixeron estas declaracións na presentación do libro do primeiro.

EuropaPress_3322573_portavoz_parlamentario_erc_gabriel_rufian_ofrece_declaraciones_medios
photo_camera Rufián fixo estas declaracións na presentación do seu libro. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)

O voceiro de ERC no Congreso dos Deputados, Gabriel Rufián, teno claro: a monarquía existe no Estado español porque non se fai un referendo que dea á xente a oportunidade de decidir.

Así se manifestou na presentación do seu libro, O 15-M facha, acto no que contou co líder de Más País, Íñigo Errejón.

“A única maneira de manter a monarquía é cunha sarta de mentiras”, insistiu o político catalán, que aludiu ao golpe de Estado do 23-F como “exemplo de falsedades”.

Moi crítico co vídeo de apoio ao rei Felipe VI porque deixa “entrever unha xeración de costas á realidade do país”, o representante de ERC lamentou que as mentiras estean dirixidas especialmente á xente moza.

“A xente sabe perfectamente que nun referendo ganaría a República”, mais pensa que chegar a ese punto é “moi difícil”. Na súa opinión “os poderes estarían na contra”.

“Iso nunha democracia plena é dramático”, afeou.

Na súa quenda de intervención, Errejón reflexionou sobre o feito de que a dereita “ao apropiarse da monarquía pode expulsar a moita xente do consenso monárquico”. Para el, iso fai que “gañen como partido pero perdan a longo prazo”.

Así mesmo, aclarou que “fan falla republicanos de dereitas para un posíbel cambio de réxime” porque coa esquerda soa “non dá”.

Comentarios