As rúas do Parlamento tomadas pola policía

Un forte dispositivo policial rodea as rúas de acceso ao Pazo do Hórreo co gallo da manifestación convocada polos traballadores do naval de Ferrol.

photo_camera Antidisturbios

Embora non se aprobar o anteproxecto de reforma da Lei de Seguridade cidadá, o Parlamento galego espertou esta terza feira blindado pola policía española. A razón: unha mobilización convocada polos operarios de Navantia que exixen carga de traballo para os estaleiros de Ferrol-Fene. 

Após as promesas eleitorais de Alberto Núñez Feijóo, van por volta de dous anos sen novos contratos. A situación límite dos traballadores e mesmo da comarca botou de novo ás rúas aos operarios de Navantia que simbolizaron a morte do sector cun cadaleito. 

"Rematou a paciencia", pódese ler nunha das faixas que portan os manifestantes. O forte dispositivo policial impide aproximarse a menos de 100 metros da Cámara aos manifestantes. 

Comentarios