Ross Ainslie & Tim Edey estrean a programación do Mundo Celta 2020

Ross  Ainslie & Tim  Edey abren este sábado, día 15, a programación do Festival  do Mundo Celta 2020, co primeiro concerto do ciclo Festival no Teatro, unha iniciativa que se mantén ao longo do ano como actividade paralela do festival de Ortigueira.

EuropaPress_2643612_Ross_Ainslie_&_Tim_Edey
photo_camera Ross Ainslie & Tim Edey (Foto: Europa Press).

Ross  Ainslie & Tim  Edey abren este sábado, día 15, a programación do Festival  do Mundo Celta 2020, co primeiro concerto do ciclo Festival no Teatro, unha iniciativa que se mantén ao longo do ano como actividade paralela do festival de Ortigueira.

O espectáculo deste "excepcional" dúo escocés, segundo apunta a organización do certame, terá lugar ás 20 horas no Teatro de Beneficencia de Ortigueira.

Ross Ainslie, experto en gaitas, wishtle e cittern, é un dos mellores músicos e compositores tradicionais de Escocia. Ademais, é un aclamado solista e prolífico compositor, sendo merecedor dunha longa lista de premios e nominacións de alto perfil xa desde 2005, incluídos os de Compositor do Ano e Instrumentalista do Ano nos Premios da Música Tradicional escocesa de 2015, así como o de Álbum do Ano en 2016.

Tim Edey, que toca a guitarra e o melodeón, "é brillante en todos os sentidos", apunta a organización, que apostila dicindo que "como guitarrista ten poucos compañeiros, pero como acordeonista é un mago".

Os boletos poden adquirirse por 4,50 euros no correo electrónico [email protected] ou na Casa do Concello de Ortigueira.  

Comentarios