CRÓNICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Rosendo. Ao vivo nas Ventas

Non podería ter mellor fin a xira “Mentira me parece” de Rosendo que este apoteósico concerto nas Ventas.

Rosendo Mercado
photo_camera Rosendo Mercado

Non podería ter mellor fin a xira “Mentira me parece” de Rosendo que este apoteósico concerto nas Ventas. Un concerto que é algo máis que un disco en directo, co DVD do mesmo, é a historia musical completa de Rosendo. Falar de Rosendo é falar dunha lenda viva que labrou cos acordes da súa Fender Stratocaster os campos do rock. Xa ben fora con Ñu, con Leño ou en solitario, foi quen de ir deixando himnos xeracionais, demostrando que non é un artista de un só éxito, gravado continuamente discos novos, uns mellores que outros, pero todos co seu alcuño persoal.

Podería parecer demasiado cedo a gravación deste disco en directo, tendo en conta que o “Directo en el Palau”, era do 2011, pero non podería ser doutro xeito: Rosendo cumpría 60 anos no 2014, e había 30 anos que se lanzou a tocar en solitario. 

Alleo a modas, Rosendo sempre fixo o que lle petaba en cada momento. Nunha entrevista que lle fixera a principios dos 90, dixérame que se fora pola xente, seguiría a tocar “Maneras de Vivir” e “El tren” nos concertos e non faría nada novo, pero que non era o que el quería. E seguiu fiel, aos seus principios, metendo nos seus concertos temas novos aínda que as veces só os máis fieis foran quen de coñecelos e o resto da xente estivera agardando “Flojos de pantalón”.

 Se che gusta Rosendo, este disco vaiche gustar e se non che gusta ou non o coñeces, pode que con este disco mudes de opinión

Para gravar este disco, Rosendo tamén convidou a subirse ao escenario a algúns dos seus amigos entre os que non podía faltar Luz Casal, que xa lle facía os coros no mítico directo de Leño, o Drogas, Kutxi Romero de Marea, Fito, Miguel Ríos e o seu fillo Rodrigo Mercado.  Todos están á altura e nótase que están cómodos, que están entre amigos máis se tivera que elixir para o meu gusto fulxe con luz propia a interpretación de “Agradecido” que fai Miguel Ríos, dous roqueiros man a man nunha fusión que non se volverá a repetir. Pola contra, Fito, que tiña un caramelo como é “Flojos de pantalón”, non soubo aproveitalo e a súa interpretación parece estar noutro sitio que non sexa un concerto de rock.

A produción, como non podía ser doutro xeito, correu a cargo de Eugenio Muñoz, que é o seu produtor dende hai anos e que consegue que este disco soe coa frescura que teñen en directo Rosendo, Rafa e Mariano. O calor do público nótase arroupando ao mestre e o ambiente creado faite partícipe do concerto, como se alí estiveras.

Do set list, cada un podería engadir e sacar temas, algo normal nun artista con 42 anos de carreira.   Faltoume unha referencia a Ñu, con “El tren”, que se ben o tema o gravou con Leño, fixérao cando estaba na banda con Molina, ou outros clásicos, mais como dixera o propio Rosendo hai tempo, para meter todo tería que facer concertos de 3 ou 4 horas. Se che gusta Rosendo, este disco vaiche gustar e se non che gusta ou non o coñeces, pode que con este disco mudes de opinión

Listaxe de temas

CD 1
1.- A dónde va el finado
2.- Listos para la reconversión
3.- Cosita
4.- Al lodo brillo
5.- Ni fu, ni fa
6.- Delirio
7.- Hasta de perfil
8.- Salud y buenos alimentos
9.- Cada día
10.- Cuando
11.-Muela la muela - con Kutxi Romero
12.- De nada más
13.-A remar - con Rodrigo Mercado
14.-Se acabó

CD 2
1.-Entre las cejas - con Luz Casal
2.-Sufrido
3.-Vergüenza torera - con El Drogas
4.-En agua caliente
5.-Flojos de pantalón - con Fito
6.-Amaina tempestad
7.-Agradecido - con Miguel Ríos
8.-Sorprendente
9.-Masculino singular
10.-Pan de higo
11.-Loco por incordiar
12.-Y dale
13.-Majete
14.-Navegando
15.-Maneras de vivir - todos 

Rosendo na rede
Web Oficial: www.rosendo.es

Videoclip: Rosendo – Sufrido

Máis en Ao vivo
Comentarios