Romaría e foliada, a aposta polo lecer tradicional de Xacarandaina

Foliada e romaría son as propostas da Asociación Cultural Xacarandina para a fin de semana do 6 ao 7 de xuño na Coruña. A iniciativa chega a súa XV edición como unha aposta por recuperar as festas de noso. 

xacarandaina
photo_camera xacarandaina

A XV Foliada e Romaría do Lecer volverá ao Anfiteatro do Parque de Sta. Margarida da Coruña as festas máis tradicionais. A foliada, esa xuntanza para bailar, cantar e gozar en comunidade, terá lugar o sábado coa participación de agrupacións folclóricas de toda Galiza, xunto co Grupo de Música Tradicional Xacarandaina. 

Serán dúas as foliadas, aínda que o público poida participar en ambas á marxe da súa idade. Por volta das 19:00 comzará a foliada infantil, con crianzas das agrupacións como protagonistas ademais dun obradoiro de baile e unha muiñeira colectiva como ramo. Dúas horas despois botará a andar a foliada de adultos para a que que queira participar se pode anotar no correo [email protected].
 
Se o sábado é a xornada de foliada, o domingo toca a Romaría do lecer, un encontro como os de sempre, con baile e música tradicional nun encontro festeiro no que se quere recrear as fórmulas de lecer de toda a vida, con bochinche, pulpeira e churrasco. Desde Xacarandaina animan a participar nesta iniciaativa que pretende “recuperar o “sabor” de festa e lecer das antigas romarías galegas” no que presentan como unha “homenaxe participativa ao folclore e cultura galegas” para se gabar da tradición e impedir que esmoreza.

Comentarios