A rodaxe do documentario sobre Moncho Reboiras chega a Teis

Alberte Mera, director da longametraxe, comeza as entrevistas con Xoaquín Méndez Anta, Luz Rei, Xesús Sanxuás, Xosé Moa e o histórico sindicalista da CIG Manuel Mera e actual secretario da Fundación Moncho Reboiras.
Documental Reboiras Vigo  (1)
photo_camera Xoaquín Méndez Anta, con Alberte Mera, hoxe en Vigo.

Xosé Ramón Reboiras Noia naceu o 19 de xaneiro de 1950 en Imo, na parroquia de San Xoán de Laiño, no Concello de Dodro, nunha familia labrega que poucos anos despois tivo que trasladarse á cidade na busca de mellores condicións de vida. En Vigo e mentres o pai traballaba embarcado, Moncho estudaba o bacharelato e atendía o bar Reboiras en Teis, que a súa familia puxera cos seus aforros. Na segunda metade da década dos sesenta comezou a involucrarse na Asociación O Castro, logo do contacto co xesuíta Xaime Seixas Subirá, o Pai Seixas.

Alberte Mera entrevistou na mañá da segunda feira no parque da Guía, en Teis, Xoaquín Méndez Anta, quen coñeceu Reboiras desde moi novo, xa que ambos vivían no mesmo barrio e participaron da vida política e cultural clandestina na cidade, tendo como eixo a actividade da Asociación Cultural de Vigo, un importante epicentro do nacionalismo galego na época. Ambos compartiron militancia na daquelas clandestina Unión do Povo Galego (UPG). 

Comentarios