Con “Enfermos pobres, médicos tristes”

Roberto Fernández, Premio Vicente Risco de CCSS

O xurado da XXI edición do Premio Vicente Risco de CCSS vén de elixir gañador do certame Roberto Fernández Álvarez polo seu traballo Enfermos pobres, médicos tristes.

Enfermos pobres, médicos tristes, un traballo sobre a figura do médico rural, vén de darlle a Roberto Fernández Álvarez o XXI Premio Vicente Risco de CCSS. O xurado, composto por Alberto Baptista e Octavio Sacramento ( UTAD-CETRAD); Teresa Devesa (Concello de Allariz); Manoel Carrete (Concello de Castro Caldelas); José María Eguileta e Xosé Manoel Cid (FVR) e  José María Eguileta, valorou a temática, “escasamente abordada na bibliografía antropolóxica e sociolóxica na Galiza”.

O xurado tamén destacou “o tratamento” da figura do médico, “esencial, na sanidade do
medio rural, como a personificación da ciencia no mundo das crenzas tradicionais sobre a enfermidade”.

Alén do traballo gañador, o xurado tamén salientou a importancia dos traballos “Preguntado se El Rey hy avia algun derecto”: Luta por excedentes e Estado Feudal em Baião e Penaguião (1248-1279) e Francisco Asorey, escultor galego, recomendando a súa publicación en caso de que acepten os seus autores.

Comentarios