Ritz Carlton xa é o único propietario de Barreras

Após a mudanza do consello de administración anuncian que conseguirán máis contratos viábeis para o estaleiro
Estaleiro de Barreras co barco de Ritz Carlton (Europa Press)
photo_camera Estaleiro de Barreras co barco de Ritz Carlton (Europa Press)

A navieira de Ritz CarltonCruise  Yacht  Yardco Ltd. (CYYL), anunciou onte nun comunicado remitido aos medios de comunicación que adquiriu 100% das accións do estaleiro vigués Hijos de  J. Barreras. Esta nova chega menos de dúas semanas despois de que afirmase que alcanzara un acordo co empresario e  expresidente do estaleiro, José García Costas, polo que este lle transferiría o control sobre as súas accións en Barreras, o 24,5% do total.

A empresa valorou o fechamento "con éxito" da reestruturación do estaleiro vigués realizado en maio deste ano, asegurando que esta instalación conta "cun equipo de xestión novo e experimentado" froito da renovación que realizou o mes de maio. A navieira de Ritz Carlton escenificou a toma de control de Barreras mediante o nomeamento de catro membros do consello de administración en substitución dos representantes de PMI e do grupo Albacora.

Neste sentido, o  CEO de Cruise  Yacht 1  Limited e CYYL, Douglas  Prothero, explicou este proceso como "unha viaxe desafiante" e agradeceu o seu traballo aos profesionais que colaboraron coa empresa para "axudar a garantir que Barreras poida concentrarse nas oportunidades que ten por diante". 

Este plan obtivo a luz verde definitiva tras a homologación do xulgado mercantil 3 de Pontevedra (o pasado mes de febreiro) e o acordo coa propietaria do buque Evrima, CYYL; a banca acredora, liderada por Caixabank; o organismo público  CESCE; e os propietarios do 75,5% das accións do estaleiro (PMI e Albacora). 

Conseguir novos contratos para o estaleiro

A intención da navieira de Ritz Carlton, segundo apunta Prothero, é centrarse "en axudar á nova xerencia do estaleiro para aclarar os problemas herdados que quedan por resolver, as etapas finais da embarcación Evrima (o barco inaugural da firma de cruceiros de luxo de Ritz Carlton) e o comezo de novos proxectos para o estaleiro". Neste sentido asegura que a intención do novo equipo é conseguir máis contratos viábeis para o estaleiro".

Por esta razón o primeiro obxectivo será "colaborar coas distintas administracións gubernamentais como o Ministerio de Industria ou a Xunta da Galiza, ademais das financeiras, mentres avanzamos no deseño dun novo futuro para HJ Barreras e para os moitos proveedores galegos que traballan co estaleiro" explica no comunicado.

Comentarios