CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

O ritual de morte de Belphegor

Tres anos após do seu último disco, regresan Belphegor, unha das mellores bandas de blackened death metal do panorama actual. Este novo traballo que leva por nome Totenritual (ritual de morte) inclúe 9 temas absolutamente  extremos e escuros. 

Os austriacos Belphegor son unha desas bandas escuras e blasfemas que o mesmo Lucifer escollería para poñer banda sonora ao averno. Son quen de crear eses temas atmosféricos que, acompañados dos growls de Helmut Lehner, embarcan ao oínte nunha viaxe esotérica. Cabe destacar que neste traballo, a voz de Helmut tende máis aos shrieks propios do black metal. Unha evolución vocal que comezou a raíz da enfermidade que o mantivo 5 semanas á beira da morte e que lle inspirou o seu anterior traballos Conjuring the dead

Tiña especial interese por ver como se desenvolvía no estudo o novo batería, BloodHammer, que se incorporou á formación no 2016. O resultado é mellor do esperado. A consistencia e fa orza que imprime é un valor engadido a este traballo, non mentía Helmut cando dicía que era un auténtico tanque. Sen esa batería, Belphegor non tería editado o seu traballo máis brutal, escuro e extremo.

Costa entender que o tema elixido como sinxelo e ao tempo para abrir o disco sexa Baphomet. Unha invocación en toda regra, que dá moito xogo para un video, pero co seu medio tempo é un dos temas máis frouxos do álbum. Por sorte, o segundo tema, The Devil’s Son, no que xa se fai patente a calidade e o poderío  e BloodHammer que toma as rendas coa súa metralladora rítmica. Belphegor volven de novo ás composicións máis crúas, pero cuns evocadores riffs envolventes, con certas reminiscencias orientais nalgunhas melodías. 

Se ben a banda anteriormente era bastante máis groove, achamos que agora dá máis prioridade á escuridade. Pero ao fin e ao cabo,  on deixa de ser blackened death metal¸ o que lle permite, ao saírse de corsés, xogar cando lle interesa coa parte máis black ou polo contrario darlle pulo á parte death. Como proba diso, non temos máis que escoitar Swinefever-Regent of Pigs, Apophis-Black Dragon e Totenkult –Exegesis of Deterioration. Tres auténticos himnos nos que fan gala de todo o seu repertorio estilísticos, onde xogan perfectamente cos cambios de ritmo e as guitarras cortantes contan por si soas unha historia de maldade. 

Gostei especialmente da produción deste traballo, onde cada instrumento está no seu xusto nivel e a voces destacan como ese instrumento necesario que son. En parte isto é grazas ao novo batería, capaz de tocar sen formar unha bola que acabe con todo, como ocorría en traballos anteriores.  En todo o demais, é un disco de Belphegor, que dá o que se espera dos austríacos. Non é o mellor disco da banda, pero segue a manter un bo nivel, e sobre todo conserva a súa esencia.

VIDEO – BELPHEGOR – BAPHOMET https://youtu.be/tyDaEXtnYIo

BELPHEGOR NAS REDES

Web: www.belphegor.at

Facebook: https://www.facebook.com/belphegor

Twitter: @_belphegor

LISTAXE DE TEMAS

01. Baphomet

02. The Devil's Son

03. Swinefever - Regent Of Pigs

04. Apophis - Black Dragon

05. Totenkult - Exegesis Of Deterioration

06. Totenbeschwörer

07. Spell Of Reflection

08. Embracing A Star

09. Totenritual

Comentarios