Rescatados os 29 tripulantes dun atuneiro galego que afundiu ao sur de Costa de Marfil

Todos os mariñeiros, un grupo destes de nacionalidade galega, permanecen sans e salvos, segundo informou Salvamento Marítimo.

lonxa
photo_camera Lonxa do porto de Vigo, onde o 'Albacora 6' ten a súa base (Nós Diario)

Un total de 29 mariñeiros que ían a bordo do atuneiro Albacora Seis, con base en Vigo, foron rescatados este sábado despois de que o barco sufrise unha fuga e acabase por afundirse a 260 millas ao sur da cidade de Abidjan, en Costa de Marfil.

Segundo información de Salvamento Marítimo en Madrid, foi o buque vasco Monte Lape ─propiedade da galega Grupo Calvo─ o encargado do rescate. Todos os tripulantes do barco naufragado, un grupo destes de nacionalidade galega, permanecen sans e salvos.

En concreto, Salvamento recibiu a información do ocorrido en torno ás 22.40 horas da noite e o foi na xornada deste domingo que o afundimento do Albacora Seis, de 76 metros de eslora, se fixo público.

Comentarios