O Reperkusión ábrese a artistas que queiran participar no programa do Festival

O Festival Reperkusión abre até o próximo 1 de maio o prazo para que artistas, grupos ou compañías presenten propostas para formar parte da programación na súa duodécima edición. 

Reperkusión (Foto: Brais Seara)
photo_camera Reperkusión (Foto: Brais Seara)

O Festival Reperkusión xa fixo un adianto do que será o seu programa para a nova edición na que, entre outros, está confirmada a asistencia de Terbutalina, Cuchufellos, Crassh e Muchachito y sus compadres. Tres serán artistas, grupos ou compañías serán elixidas polo público por medio das redes sociais do propio Festival. 

A Cidade dos Muchachos de Bemposta será, máis unha vez, o escenario do Reperkusión que, desta volta, se celebra o 11, 12 e 13 de xullo. Música, circo, teatro, pasarrúas ou performances integrarán un programa que aínda está por completar. 

O Festival ten aberta a convocatoria á que se poden presentar artistas individuais ou colectivos creativos dos que ese valorará a súa orixinalidade, a calidade artística e cultural ou adecuación ás condicións técnicas e á rúa ou a espazos abertos. Tres das propostas de día serán seleccionadas polo público nas redes sociais de entre todas as candidaturas presentadas.  Guezos, Skarallaos, La Tarrancha e Rimbarán foron os grupos escollidos por votación popular na edición anterior. 

Ata o 15 de abril as entradas están a venda na web   cuhha oferta de 20 € . A información da convocatoria, do avance de programas e da xestión de entradas está pronta xa na súa páxina web. 

Comentarios