Galiza no mapa

O Reino da Galiza nun mapamundi do século XI

É un mapa da primeira metade do século XV elaborado por Andreas Walsperguer. Influído pola cartografía da época, debedora da tradición de Ptolomeo recuperado pola escola de Viena e dos portolanos cataláns, presenta a Galiza como un como un espazo político diferenciado no ámbito peninsular. Eis un estrato da peza publicada no número 371 do semanario en papel Sermos Galiza.
Mapamundi de Walsperguer (cedida)
photo_camera Mapamundi de Walsperguer (cedida)

mini-mapaO mapamundi de Walsperguer é unha cartografía de setenta e cinco centímetros de diámetro, rematado á volta de 1448 e executado, probabelmente en Constanza, ás beiras do lago do mesmo nome, polo cartógrafo Andreas Walsperguer. O seu autor, fillo dun carpinteiro, naceu á volta de 1415 na cidade austríaca de Radkersburg, ingresando como monxe bieito no mosteiro de San Pedro Salzburgo, onde residiu até 1442, perdéndoselle a pista tras realizar o seu mapa en 1448. A carta, a única da súa época na área xermánica canda a de Zeitz, pertenceu ao longo do século XVI á familia Fugger, os famosos financeiros que acumulaban unha das máis importantes fortunas da época, sendo entregado, arredor de 1622, polo rei de Baviera Maximiliano I ao papa Gregorio XV, custodiándose desde aquela na Biblioteca do Vaticano.

Andreas Walsperguer, un cartógrafo austríaco

A concepción cartográfica presente no traballo estará influída ao tempo pola obra de Ptolomeo e os portolanos da escola catalá. A produción de Ptolomeo volverá a ser valorada en Occidente após a tradución de parte dos seus textos ao latín en 1406, deixando pegada nalgúns dos máis importantes xeógrafos da época como o autor do mapa de Borgia ou Andrea Bianco, onde Galiza ocupa un lugar de destaque.

As pegadas dos portolanos da coroa catalá son evidentes, significándose pola información detallada que presentan para fixar os contornos das diferentes áreas costeiras e determinar as agrandes liñas comerciais  do momento. As semellanzas da carta de Walsperguer con outros traballos do momento non deixan dúbida algunha, sendo evidentes as similitudes co mapa de Giovani Laeardo ou de Frei Mauro de 1459, sen acadar a precisión deste.

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 371 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] 

Máis en Mapas do reino
Comentarios