O recorte das axudas da PAC preocupa o agro

O presidente do Consello Europeo, Charles Michel, presentou a semana pasada unha proposta aos Estados membros que "preocupa no campo galeg0". Para cadrar o orzamento comunitario, Bruxelas propón recortar as contías destinadas á Política Agraria Común (PAC). 
Vacas nunha explotación leiteira (Xunta).
photo_camera Vacas nunha explotación leiteira (Xunta).

ruxelas ten pensado meterlle a tesoira o orzamento comunitario dos vindeiros sete anos e a vía máis rápida parece tela atopado na futura Política Agrícola Común (PAC). Nunha xuntanza celebrada o pasado xoves, o presidente do Consello Europeo, Charles Michel, trasladou ás representantes dos distintos Estados membros a última proposta de orzamentos para o período 2021-2027, nos que figura un recorte de 14% nos fondos da PAC e 12% nos de cohesión para facer fronte as crecentes partidas de loita contra o cambio climáticos e transición dixital, prioritarias para o Goberno comunitario. 

Este anuncio foi acollido con "preocupación" no agro galego, pero no con sorpresa. Desde o Goberno español, que é quen leva as negociacións, consideran "inxusta" e "insuficiente" a proposta de Bruxelas, namentres desde a Xunta chaman á cautela, xa que as negociacións "aínda están en curso".

Nesas negociacións, Galiza tampouco terá voz propia. A Xunta preferiu apostar en facer bloque co resto de territorios do Estado español, por "lealdade institucional" e para defender a súa postura como "unha auténtica potencia agraria" no canto de recoñecer e buscar unha proposta acorde coas particularidades que presenta Galiza.

Neste senso, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, lembra que Bruxelas concedeu este ano maior marxe de xestión na negociación aos Estado membro ao abrir a posibilidade de presentar plans estratéxicos rexionais, como defendía o propio sindicato, ou facelos a nivel do Estado español, como finalmente será. 

O papel do Goberno galego será, pois, tratar de incluír na proposta común de cara a negociación do novo marco de axudas europeo medidas como a potenciación do papel da muller no medio rural (pola maior presenza de mulleres nas explotacións galegas), e a fixación dun tope máximo de 60.000 euros (na actualidade son 100.000 euros) de axuda por explotación, de xeito que as pequenas saian beneficiadas. 

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

Comentarios