Reclaman un monumento en Compostela a Ánxel Casal e ás vítimas do franquismo

bng anxel casal compostela

Ánxel Casal, editor e alcalde nacionalista de Compostela, foi asesinado en Cacheiras (Teo) polos fascistas o 19 de agosto de 1936. 82 anos despois, diversos actos en Teo e Compostela lembraron a figura e exemplo deste galeguista de inmensa capacidade de traballo e compromiso co seu pobo

O BNG de Santiago organizou un acto en memoria de Ánxel Casal na Praza do 8 de Marzo. Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación e concelleira nacionalista,  reiterou a solicitude ao goberno local de Santiago “para que se faga un monumento de homenaxe a Ánxel Casal e que nel apareza un por un o nome das persoas que foron executadas ou que estiveron presas durante o franquismo”, ademais de anunciar a proposta de nomear unha rúa como Consuelo Otero Rial, compostelá tamén paseada en 1936, para proseguir a acrecentar o rueiro con nomes de mulleres que merecen ser lembradas.

teo anxel casal

O domingo, en Teo, tivo lugar un acto organizado polo Concello e no que se recordou o alcalde compostelán cuxo corpo capareceu ao carón da estrada en Cacheiras. Nese acto tomou parte María Rozas, alcaldesa en función da capital de Galiza, que aformou que “temos que rachar coa amnesia imposta con actos coma este, co nomeamento de Ánxel Casal como alcalde de honra de Santiago, coa retirada dos seus recoñecementos aos ministros franquistas ou coa reclamación dos bens expoliados polo ditador. Son xestos de xustiza”.

Comentarios