Opinión

Realidade teimuda

[Xesús M. Piñeiro]

A actualidade circula por autoestrada e a unha velocidade que apenas nos fai reparar máis alá do minuto a minuto. A pandemia do coronavirus devora focos e titulares, e as que sobreviven a esa vertixe van para aten-der o urxente: pazo de Meirás, deportes, rei emérito, Sáhara...

Mentres, a realidade persiste, teimuda. Un exemplo: a situación das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, que pode ser cualificada, e así o fan os dindicatos, é dramática. o estaleiro de Navantia, o futuro da central térmica de Endesa nas Pontes e a deslocación de Siemens desde As Somozas até Portugal son o foco dun problema ao que se suman as empresas auxiliares, de servi-zos e a propia hostalaría.  Unha consecuencia, palpábel e concreta, desa realidade: perda de 20.000 habitantes en dúas décadas. 

O vindeiro día 17 os sindicatos convocan folga xeral e una cadea humana para tentar que focos e titulares, por un momento, se centren nesta parte da Galiza. Nunha comarca noutrora músculo industrial e nervio vital e que hoxe en día afronta unha crise que hai tempo que superou o limiar de preocupante.

Comentarios