A xustiza obriga a readmitir un traballador despedido por ser candidato sindical

A sentenza considera que o despedimento “obedece a unha represalia"
non á represión sindical
photo_camera non á represión sindical

Un xulgado de Compostela declarou nulo o despedimento dun traballador de M. Caeiro S.A. por ser candidato da CIG nas eleccións sindicais. A empresa terá que readmitilo, abonarlle os salarios de tramitación e recoñecerlle a súa condición de delegado sindical. A CIG-Industria denuncia que “esta non é a primeira vez que a empresa recorre a presións ou represalias para impedir que saian elixidos os representantes da CIG, a favor de UXT”.

A sentenza considera que o despedimento “obedece a unha represalia por ter sido proposto como candidato a delegado de persoal” pola CIG, o que entende que constitúe “unha transgresión do dereito á liberdade sindical.

Comentarios