O Tribunal Supremo confirmou a condena a 3 anos e medio de prisión que a Audiencia nacional impuxo a José Miguel Arenas Beltrán, Valtonyc, un rapeiro mallorquín por delitos de enaltecemento do terrorismo, calumnias e inxurias á coroa española e amenazas non condicionais. A condea imposta pune o contido dunha serie de cancións das que era autor e puxo nas redes sociais. O avogado do músico xa anunciou que ían recorrer a sentenza.
Valtònyc é unha doa máis a sumar aos xuízos e denuncias que no Estado español se sucederon nos últimos tempos contra rapeiros, nunha dinámica que ten certa tradición no Estado: levar perante a xustiza a intérpretes polo contido dos seus temas.