O rapeiro Valtònyc está en Bélxica e porase a disposición da xustiza

O rapeiro mallorquín Josep Miquel Arenas, Valtònyc, está en Bélxica. E porase a disposición da xustiza dese país. Adiantouno esta mañá TV-3.
 

valtonyc
photo_camera O rapeiro mallorquín Valtònyc.

Valtònyc atopábase en paradoiro descoñecido despois de que a Audiencia Nacional o condenase a tres anos e medio de prisión polas letras das súas cancións. En concreto, o tribunal español apúxolle delitos de ameazas, inxurias á monarquía e enaltecemento do terrorismo. Ao mesmo tempo decretou o pasado 24 de maio como data límite para o seu ingreso no cárcere.

Xusto o día anterior, o músico mallorquín comunicou a través das redes sociais que non llo ía poñer “doado” á Garda Civil. Non se presentou en ningunha cadea e non se volveu saber del. Ate hoxe, en que fontes achegadas a Arenas confirmaron que se encontra en Bélxica.

Comentarios