Rabat impón longas condenas de cárcere no macroxuízo contra 24 saharauís

Acusad@s dos disturbios polo desaloxo en 2010 do campamento de Gdeim Izik denunciaron torturas estes anos de prisión.
Presos saharauis

O macroxuízo realizado estes días en Rabat contra 24 saharauís acusados de participar nos disturbios polo desaloxo en 2010 do campamento de protesta de Gdeim Izik rematou con longas condenas, algunhas de cadea perpetua.

Segundo o tribunal marroquí os delitos polos que se impoñen as condeas son os de "formación de banda criminal, violencia contra a forza pública con resultado de morte, e mutilación de cadáveres".

Entre as penas máis duras figuran oito condeas a cadea perpetua, outras catro a 30 anos e sete máis a 25 anos de cárcere. Segundo fontes d@s avogad@s da defensa no tribunal non se achegaron "probas consistentes contra os acusados". Após estes anos en cadea preventiva desde a defensa tamén se denunciaron torturas que non foron investigadas polo xuíz.

Varias axencias informaron de que @s saharauís escoitaron as condenas e responderon levantando o puño en alto e berrando proclamas pola independencia e a autodeterminación do Sahara.

Comentarios