Quince concellos únense na Asociación de Entidades Locais pola Lingua

Nace para pular polo galego, promover a colaboración entre as distintas institucións para lograr unha xestión máis eficaz dos proxectos colaborativos en materia de lingua.

concellos entidades lingua galega compostela
photo_camera concellos entidades lingua galega compostela

Compostela acolleu o nadcemento a Asociación de Entidades Locais pola Lingua, que xorde co obxectivo de desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma.

Un total de quince concellos de toda Galiza estiveron representados na xuntanza, a través dos seus alcaldes e alcaldesas, de concelleiros e concelleiras, e de persoal técnico dos servizos de normalización. Ademais do alcalde da cidade anfritrioa, Santiago, Martiño Noriega, participaron representantes de A Baña, Ames, A Coruña, Teo, Ribadeo, Ferrol, Narón, Ponteceso, O Grove, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Vilagarcía, e Rois.


Compostela, A Baña, Ames, A Coruña, Teo, Ribadeo, Ferrol, Narón, Ponteceso, O Grove, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Vilagarcía, e Rois.

Os integrantes son concellos que xa veñen colaborando en proxectos como o Apego, o certame Youtubeir@s ou o Club de Debate. O obxectivo da nova asociación será promover a colaboración entre as distintas institucións para lograr unha xestión máis eficaz dos proxectos colaborativos en materia de lingua.
 

Na asemblea acordouse que a presidencia da Asociación recaerá en Rianxo, a vicepresidencia no Concello do Grove, Pontevedra ocupará a secretaría e Ames a tesourería. Ademais, Narón, Rois e Santiago serán ocuparán as tres vogalías da entidade.

Comentarios