A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o encontro con Quico, “o único membro vivo da Federación de Guerrillas de Galiza e León”, dirixente guerrilleiro durante máis de cinco anos e exiliado en Francia entre 1952 e 1976.
Canda Quico (Cabañas Raras, León, 1925) estarán en Foz Fernanda Cedrón Trigo, neta do “mítico guerrilleiro mariñán” Luís Trigo Chao, O Gardarríos, e máis a especialista en memoria e profesora da Universidade de Montpellier Odette Martínez.