"Falamos galego e temos dereito!" aseguran desde a Plataforma cidadá Queremos Galego. O colectivo lanza unha campaña nas redes sociais á procura da solidaridade popular para rexeitar a sanción que lles foi imposta con motivo da manifestación do 17 de maior, Día das Letras.
A Delegación do Goberno español multou a Queremos galego atribuíndolle "destrozos públicos" no decorrer da mobilización e exixe o pagamento dunha sanción á que a Plataforma xa presentou alegacións.
Agora, encetan unha campaña de solidariedade e animan á cidadanía a participar pendurando nas redes sociais un deseño no que se pode ler "Eu fun á manifestación do 17M de Queremos Galego. É delito?". Asemade, emprazan a empregar o hastag #Eufunámanifestación17 e #queremosgalego para espallar unha onda de solidariedade que rexeite a criminalización dos movementos sociais.
Para alén de Queremos galego outros colectivos sociais foron sancionados recentemente argüíndo as mesmas razóns. A Plataforma galega na defensa do dereito ao aborto e o a rede ContraMINAcción xa denunciaron seren vítimas dunha estratexia de criminalización por parte das autoridades públicas. Tamén así StopDespexos A Coruña iniciou a campaña 'Petos de resistencia' contra as multas impostas polo Goberno.
Podes descargar o deseño premendo nesta ligazón