ELECCIóNS GALEGAS

Puy prognostica que Feijóo será o candidato do PP á Presidencia da Xunta

O portavoz parlamentar do PPdeG, Pedro Puy, asegurou esta mañá que cre que Alberto Núñez Feijóo, actual presidente da Xunta de Galiza, será candidato á Presidencia nas eleccións galegos de 2016. “É a mellor aposta que ten o PP”, sinalou.

Pedro Puy
photo_camera Pedro Puy

Nunha entrevista concedida á Cadea Ser, o portavoz parlamentar do PP, Pedro Puy, puxo de manifesto esta mañá que Feijóo será o candidato á Presidencia do Goberno galego nas eleccións galegas de 2016. Para Puy, o actual presidente da Xunta “é a mellor aposta que ten o PP”.

“O meu desexo persoal é que Feijóo sexa o candidato”, sinalou Puy, quen advertiu de que está nestes momentos en política porque o presidente da Xunta llo pediu. Porén, lembrou que o PPdeG “dediciu determinar quen é o presidente do PP e o candidato á Presidencia da Xunta nun congreso”, unha cuestión que considera “un acerto”.

Puy puxo de manifesto que “estas decisións non só dependen do conxunto da militancia, senón do que opine a persoa elixida”, polo que engadiu que “teñen que falar”.

Comentarios