O Pulitzer Seymour Hersh desmente o relato oficial do asasinato de Bin Laden

Através dun ensaio publicado por London Review of Books Hersh desdí a versión da administración Obama. Novos dados confirman a tese do xornalista estadounidense. 

White House
photo_camera [Imaxe White House]

Seymour Hersh, un reputado xornalista estadounidense que se fixo, entre outros, co premio Pulitzer, vén de publicar un ensaio no que contradí o relato oficial a respeito do asasinato de Osama Bin Laden. 

Segundo Hersh non terían sido as pescudas da CIA as que deron co paradeiro dunha das persoas máis buscadas do mundo, senón fontes procedentes da administración paquistaní que a cambio de diñeiro deron aos EUA o lugar no que se agochaba, enfermo, o líder de Al-Qaeda. Este feito, foi corroborado pola canle de televisión estadounidense NBC

Así mesmo, o xornalista afirma que Bin Laden non tería ofrecido resistencia cando o exército entrou na morada para o asasinar nunha operación pactada entre o Pakistán e os EUA. De igual maneira, segundo Seymour Hersh o cadáver de Bin Laden foi tirado desde un helicóptero na fronteira entre Pakistán e Afganistán e non tería sido tirado ao mar segundo o rito musulmán, como asegurou a administración Obama. 

As informacións difundidas polo xornalista de investigación atoparon de fronte coa imprensa estadounidense que rexeitou publicar o seu contra-relato ou procedeu a comunicar a reacción da Casa Branca.  

Comentarios