Na Galiza 1.958 o 0,14%

Puigdemont obtén 38.000 votos fóra de Catalunya

Junts per Catalunya foi a candidatura máis votada no Principat nas eleccións europeas. A lista encabezada por Carles Puigdemont, exiliado en Bélxica, obtivo 987.149. Mais tamén recolleu apoios no exterior, en concreto 38.262 sufraxios que viron nesa papeleta unha mostra de solidariedade, unha impugnación da deriva represiva do aparello xudicial estatal ou a opción máis achegada ás súas ideas.

puigdemont europeas
photo_camera Carles Puigdemont comparece este domingo 26 de maio despois das eleccións europeas. Foto: Junts per Catalunya.

Ao 28,52% de voto en Catalunya sígueno o 2,55% nas Illes Balears, 10.633 papeletas. En Euskadi foron 5.056 persoas (0,45%) as que optaron por Puigdemont. En Nafarroa foron 1.221 (0,39%) e comunidade valenciana, 6.951 (0,3%). As illas Canarias déronlle 1.807 apoios (0,20%) e Aragón, 1.131.

Na Galiza 1.958 (0,14%) persoas escolleron a papeleta do ex president da Generalitat, en Madrid 3.745 (o,12%) e en Asturies 567 (0,11%). No resto do Estado español ficou por baixo do 0,1%. 

Comentarios