Día da Patria Galega

O PSdeG reivindica en Rianxo “galeguismo e socialismo”

Gonzalo Caballero, coa vista posta nas eleccións de 2020, chama a "traballar" por construír a Galiza "do futuro". 
rec
photo_camera [Imaxe: PSdeG]

O PSdeG celebra desde hai anos o 25 de Xullo en Rianxo, cun acto político diante do busto de Castelao, no Paseo da Ribeira. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Cabellero, e o portavoz parlamentar, Xaquín F. Leiceaga, foron as persoas que tomaron a palabra neste acto.

psdeg dia da patria 25 xullo“Galeguismo e socialismo son as dúas patas para un novo rexurdir da Galiza na que collamos todos”, manifestou Caballero, que dixo que o 25 de Xullo é unha data “para pensar na Galiza que queremos construír no futuro”. O secretario xeral das e dos socialistas galegos afirmou coa vista posta nas eleccións galegas de 2020 que “fica un ano de traballo para comezar a construír a Galiza do futuro”.

Unha Galiza, para Caballero, que debe de ser feminista, combinar crecemento económico e protección ambiental e con emprego digno para a mocidade. Nesta tarefa situou os galegos e galegas que queren ser "motor de cambio" do país.

Xaquín Leiceaga, de por parte, defendeu o estado das autonomías perante as tendencias de recentralización e situou o autogoberno como garante do “progreso, os dereitos, o benestar e a igualdade”.

Comentarios