PSA obtén 3.000 millóns de euros de crédito para garantir o seu futuro

O grupo automobilístico dispón dunha liña de crédito de até 6.000 millóns de euros da banca para manter a compañía a frote.

O presidente do grupo PSA, Carlos Tavares (PSA).
photo_camera O presidente do grupo PSA, Carlos Tavares (PSA).

PSA, o consorcio automobilístico que conta cunha planta de fabricación en Vigo, vén de subscribir unha nova liña de crédito sindicada por importe de 3.000 millóns de euros, co obxectivo de mellorar a súa posición de liquidez ante a crise do coronavirus, segundo informou a empresa nun comunicado.

O grupo que preside Carlos Tavares indicou que a liña de crédito se suma a outra que ten confirmada polo mesmo importe e que aínda non foi empregada, polo que o total dispoñíbel ascende a 6.000 millóns de euros. O novo financiamento sindicado ten un vencemento a 12 meses, pero a multinacional automobilística pode prorrogala até en dúas ocasións por un prazo de tres meses adicionais.

A operación, din desde a firma, recoñece a "solidez financeira" do grupo ao tempo que garante o seu futuro.

Comentarios