Protestas perante a Xunta contra os recortes da atención á diversidade nos centros de ensino

Co obxectivo de exixir á Xunta que garanta o persoal necesario para a atención á diversidade, unha plataforma de familias que se agrupan baixo o lema Dereitos, non parches convoca para esta cuarta feira unha concentración diante do edificio administrativo da Coruña. A convocatoria, prevista para as 11 horas, está aberta a familias, profesionais da educación e calquera persoa "que se sinta apelada pola necesidade de garantir a correcta atención á diversidade na educación", sinala a entidade convocante. 

protestasLabaca
photo_camera A ANPA do CEIP Labaca protestou este mes contra os recortes de persoal especialista
Comentarios