Unha proposta de última hora fai adiar a vista polo ERE de Noa Madera

De non haber acordo entre empresa e traballadores, a nova cita será o 27 de outubro.
Protesta dos traballadores de Noa Madera ás portas do TSXG (Foto: Nós Diario)
photo_camera Protesta dos traballadores de Noa Madera ás portas do TSXG (Foto: Nós Diario)

A presentación dunha nova proposta fixo que o xuízo polo ERE extintivo de Noa Madera Creativa, fixado para onte na sede do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG), quedara aprazado.

Marco Sánchez, da CIG, que se concentrou ás portas do xulgado con outros compañeiros para rexeitar o ERE, informou de que a nova vista, se non hai acordo, queda sinalada para o 27 de outubro.

Agora, proseguiu, o cadro de persoal debe "valorar e someter" á asemblea a proposta trasladada polo Grupo Malasa "antes de entrar na sala" na que estaba previsto discutir o despedimento de máis de 70 traballadores e traballadoras desta mercantil, situada no polígono de Vilar do Colo (Fene) e especializada na montaxe de estabelecementos comerciais para varias das marcas do grupo Inditex.

Comentarios