A proposta de orzamentos da Xunta para 2019 préstalle á patronal mais non aos sindicatos

CIG, CCOO e UXT lamentan que as contas non axuden a recuperar condicións laborais e salarias.

 

Feijoo e Valeriano Imaxe da Xunta
photo_camera Feixoo e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. Imaxe: Xunta

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, está a manter unha serie de encontros con representantes sociais e económicos para lles trasladar o borrador de orzamentos que a Xunta propón para 2019, unhas contas de 9.850 millóns de euros, cun aumento da capacidade de gasto en 363 millóns, 3,8%, en relación ao orzamento en vigor. Martínez explicou que obxectivo da Xunta para 2019 é acadar uns 15.000 novos empregos a tempo completo.

O  portavoz da Confederación de Empresarios de Galiza (CEG), Antonio Fontenla, mostrouse confiado en torno a estes orzamentos e apuntou que a patronal apoia posíbeis medidas de conciliación mais "se non aumenta custos".

De por parte, os representantes de CIG, CCOO e UXT criticaron que os orzamentos  non fomenten a creación de "emprego de calidade" nin a recuperación das condicións laborais previas á crise económica. Así, Susana Méndez, secretaria de organización da CIG, afirmou após o encontro que os orzamentos non permitiran mellorar "a situación da gran maioría da poboación galega que a día de hoxe aínda ten unha situación moi complicada derivada da crise económica".

Comentarios