Prohibición da aguillada, por Xoán Costa

Sen titulo

“E por se algún dia chega unha ocasión

En que Xan labrego poida erguer a man

Quero unha aguillada que me sirva entón

Pra medirlle as costas a algún pillaban”

Crecente Vega

No mesmo ano en que se prohibía o uso da aguillada (1933), Crecente Vega escrebe o seu poema A miña aguillada, incluído no poemario Codeseira.

codeseiraTrátase dun poema en cinco serventesios de versos dodecasílabos con rima consoante en que Crecente describe non só o que é un instrumento labrego cuxo uso vai ficar prohibido mais tamén un símbolo

O 24 de xuño de 1933 un decreto do Ministerio de Agricultura prohibiu o uso da aguillada, esa vara comprida, podía chegar aos tres metros,  con punta de ferro, que serve para picar os bois.

O Decreto establecía a prohibición do aguillón mais permitía outros métodos, incluído o bastón eléctrico, para estimular os bois. O uso da aguillada xustificábase nunha suposta necesidade de animar os bois ao traballo. A propia wikipedia, na versión en español, di: “Los bueyes necesitan que los piquen de cuando en cuando, para animarlos al trabajo y que sostengan su paso; sin lo cual aflojarían hasta el punto de no querer andar” 

O decreto establece sancións que non poderán ser inferiores a cinco pesetas a primeira vez e a vinte e cinco as reincidencias. A mesma orden prohibía tamén as marcas feitas a lume. 

Poderíamos pensar que esta medida estaba dirixida a evitar algunha sorte de maltrato animal mais non ía por aí a cousa. Foi unha medida levada a cabo para evitar a depreciación do coiro usado en certas aplicacións xa que  son rexeitados porque, nunha proporción moi elevada, están perforados pola nefasta “aguillada” e o mercado, nestes casos, sinala un prezo inferior ao cuarenta por cento do corrente.

Quero unha aguillada que seña un tesouro

Que non teña falta desde a punta ao cabo

Feita dun caxoto de carballo mouro

Criado entre silvas nun terreo escravo

No forno escocida i escarapelada,

De freba moi limpa, dereita, sin nós.

Pulida e xeitosa. Quero unha aguillada

Das mellor feitiñas que puido dar Dios

E ben enferrada con ferrón de aceiro

Porque unha aguillada que non ten ferrón

Nin e honra do dono, nin e pau duradeiro,

Nin limpa un arado, nin fende un terrón.

E por se algún dia chega unha ocasión

En que Xan labrego poida erguer a man

Quero unha aguillada que me sirva entón

Pra medirlle as costas a algún pillaban.

Ni unha falta triste dende a punta ao cabo

Que digan os homes A vara naceu!

Feita dun caxoto de carballo bravo

Esa é a aguillada que quero ter eu

Comentarios