Na vaga dos recortes no ensino coa desculpa da ‘crise’ unha das medidas adoptadas polas administracións foi mudar o horario lectivo, sobrecargando de traballo as e os profesionais e prexudicando a calidade docente. Unha demanda dos sindicatos do ensino é que se recupere o antigo horario lectivo: 18 períodos lectivos semanais en secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial e 21 en primaria, infantil e educación especial.
Porén, desde a Consellería a resposta é, critican as centrais, “unha negativa a negociar” este tema. Por iso o profesorado galego volve estar convocado a saír á rúa esta quinta feira, día 21, ás 19:30 horas nas sete principais cidades galegas.
“É o momento de facernos oír ante a intransixencia da Consellaría e súa negativa a devolvernos un dereito que permitiría recuperar os máis de 1.000 postos de traballo recortados por estas e outras medidas postas en marcha polos gobernos do PP na Xunta e en Madrid”, indican desde CIG, sindicato maioritario no ensino público galego.
Estas concentracións, ademais, son antesala da xornada de folga no ensino prevista para o día 12 de decembro. especial, só cómpre unha resposta contundente de todo o persoal docente.“
Lugares das concentracións ás 19:30 horas
A Coruña, IES Eusebio da Guarda
Ferrol, Edificio da Xunta
Compostela, Praza do Toural
Lugo, Subdelegación do Goberno
Ourense, Subdelegación do Goberno
Pontevedra, Praza da Ferrería
Vigo, Marco